Información de Loita Amada

Loita Amada é a nova poesía galega. Mestura a forza e o carácter combativo de Jásper coa sensibilidade e bo facer de Nébeda nunha explosión sonora que non deixará indiferente a ninguén. No 2023 presentan o seu novo disco "Viva a loita amada revolucionaria" Cancións que falan en primeira persoa de derrotar aos demos propios, do amor os devanceiros, os nosos descendentes e, como non, unha chamada á rebeldía, á dignidade; cantos á liberdade, á esperanza e á resistencia.

Seguidores