Información de Roberto Sobrado

Nado musicalmente coa etiqueta de cantautor, baixo a influencia de Sabina e Silvio, publica o seu primeiro traballo en 1999, "Inventario de inquedanzas nº 1", logo de gañar o II Certame Pop-Rock Xunta de Galicia. Comeza a tocar de forma regular en Compostela nese mesmo ano, e iso serve de plataforma de lanzamento para os locais do resto do país. Coa incorporación de novos músicos, vai dando forma á súa banda que, cunha orientación pop-rock, autoedita o segundo disco en…