MELONAFEST 2021 Festival de música y artes

  • Información
  • Alojamiento y transporte
  • Seguidores
  • Chat

Información

Trala cancelación do MELONAFEST V chega o MELONAFEST 2021, o festival de música e artes organizado desde 2016 polo colectivo La Melona. O MELONAFEST 2021 terá lugar na sala Malatesta e no Riquela Clube entre os días 22, 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2021. O MELONAFEST caracterízase por promover unha liña programática vangardista, ecléctica, urbana, emerxente e innovadora, comprometida explicitamente coa tarefa de conxugar o talento local co potencial da escena nacional e do panorama internacional, xerando espazos de intercambio, aprendizaxe e mutualismo e promovendo a interpenetración de disciplinas artísticas, impulsando a convivencia harmónica e pacífica de identidade, procedencia e diversidade culturais e artísticas nun festival que atende, coida, promove e fomenta as relacións interpersoais a todos os niveis, artellando un evento cultural deseñado coa intención de xerar lazos e tecer redes entre públicos, artistas, creadores, actores, autores, espazos, colectivos, iniciativas, disciplinas, correntes, estilos, perspectivas e formas de abordar o fenómeno artístico-creativo. O Cartel do MELONAFEST 2021 é o seguinte: Adiós Amores| Autosacramental | BAN Djs** | Cabiria | Chicho Blanco | ELBA | Koroiev | Mariagrep | More Amore* | Mouræ | Paco Moreno | Ronroneo | Rusowsky | Russinha & Akazie | Sofia * x Las Kitchen Sesions ** x Bombo a Negras Entradas de día todavía dispoñibles.

22 sep. 2021 - 26 sep. 2021

Alojamiento y transporte

  • Dirección

    Rúa de San Lourenzo, 51/53, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

  • Alojamiento

    Reserva aquí tu alojamiento para el festival.

  • Transporte

    Viaja con un 10% de descuento reservando aquí.

    Buscar transporte