La Comandancia's Information
“É unha Terra cha. Terra Cha-Manatí, con canamainzo, platanomaceiras, palmeiracarballos e papatacas. Unha terra Cha con merlos brancos e vacas caribeñas. Con rumbamuiñeira, con chachachá de chascarrachás.” Manuel Rivas, Galicia, Galicia. La Comandancia” aparece en Tui no ano 2007, á beira do Miño, río que, como é sabido, nace en Fontemiña e desemboca en La Habana. O grupo empéñase en facer o recorrido inverso: os seus fundadores, Fernando Lago, José R. Fernández, e Carlos Lago deciden tomar o son cubano…