python dojo fechas de gira 2017 2018. python dojo entradas y conciertos | Wegow

Conciertos

Aún no tenemos conciertos de este artista, síguele para
poder notificarte cuando los tengamos

Aún no tenemos conciertos de este artista,
como ya sigues este artista, te notificaremos cuando los tengamos

Información


Xa está aquí a quinta edición do SKA ALL NIGHT!!!

O vindeiro sábado 5 de decembro as 21:30h no Club Charenton visitarannos os madrileños PYTHON DOJO, bandaza de Dub e Reggae instrumental cósmico que compartirá escenario xunto aos anfitrións TRANSILVANIANS, que pechan o seu tour "Echo, Vibes & Fire 2015" neste concerto.

Tralo concerto haberá pinchada con NAHNO & IAGO [Family Business] LITTLE COBRA, PYTHON SELECTERS e seguro que algunha que outra sorpresa máis!!

 

TRANSILVANIANS:
Fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004.
Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.
Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.
Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.
https://transilvanians.bandcamp.com/

PYTHON DOJO:

Python Dojo fúndase durante 2013, reunindo os mellores guerreiros da escena de música negra madrileña. O seu primeiro traballo, 'Jupiter/Amazing Randi', é un single imprescindible para os amantes dos anos gloriosos do primeiro dub analóxico. Melodías exóticas e cinemáticas que camiñan sobre grooves pesados. Kung-fu sonoro que transporta a mundos afastados e retrata criaturas do subconsciente.
En 2015 Python Dojo déixannos fora de combate cos seus dous últimos golpes 'Boss Fight/Slender', especialmente adicados ás criaturas máis malvadas do cosmos.
https://python-dojo.bandcamp.com/

1 seguidores

Sé el primero en seguir a python dojo

Para poder ver quién sigue a python dojo debes estar registrado.